quinta-feira, agosto 26

Cassettes no século XXI

Anécdota recopilada da bitácora http://www.the-mixer.net/ onde se nos conta como a tia-avoa Stina que vive en Suecia, na cidade de Ystad (famosa por ser o escenario das aventuras do Inspector Wallander) leva toda a vida lendo o xornal local, Ystads Hallehanda. Pero xa non ve ben. Asi que o xornal envialle á casa tódolos días unha cassette na que un locutor le os artigos principais. Iso é coidar a experiencia do usuario. ¿Por qué unha cassette en pleno século XXI? Porque alguén maior, que xa non ve ben, seguro que non se apaña cun CD, que sería máis barato e fácil de xestionar para a empresa pero máis incómodo para o cliente. Asi que ela tódalas mañas sentase a escoitar o seu periódico. Sen internet, sen CD, sen PDA e sen móbil. Pero con cassette. Xose.

Bitácoras amigas

Aquí atoparedes algunha bitácora amiga que podedes visitar. Non teñen desperdicio e espero ir aumentado o número delas, a ver se se vai animando a peña. Saudos Xose. 1.- http://fozlibre.blogspot.com

sexta-feira, agosto 20

Españoles e as novas tecnoloxías.

Esta non é exactamente unha anécdota laboral ou pre-laboral, mais os que esteñades acostumados a tratar con clientes e/ou usuarios de novas tecnoloxías veredes claras similitudes na forma de actuar deste suxeito.

A historia é simple, como calquera tarde sen nada que facer e con mal tempo, decicín pasarme polo videoclube por se había algo interesante (e que non vise aínda).

Cando cheguei atopeime con outro cliente do videoclube con pequenas dificultades coa tarxeta e o terminal. Logo de explicarlle que a ranura na que pretendía introduci-la tarxeta non era a correcta (e de paso axudarlle a sacala, posto que se quedara dentro), observei que tampouco tiña moita idea de como se introducía na ranura correcta (e iso que xusto ó lado da ranura hai un debuxo bastante visible e que deixa claro cal é a forma correcta de introduci-la tarxeta, por non mencionar que a propia tarxeta tamén dispón das indicacións apropiadas).

Como bo cidadán volvín a axudalo, primeiro explicandolle que a tarxeta ía no outro sentido (pero debinme explicar mal posto que o que fixo foi introducila no mesmo sentido, mais polo reverso da mesma).

Ó final optei por insertar a tarxeta eu mesmo (co seu permiso, claro está) e seguin mirando títulos. Pero aí non se remataron as complicacións para este bo home, posto que unha vez recoñecida a tarxeta (e como é habitual en este tipo de expendedores automáticos) o sistema solicitaba un número de identificación. O home, estupefacto, dirixeuse a min de novo preguntandome cal era o seguinte paso. Ainda que extrañado pola pregunta, contesteille que debia introduci-lo número pin da tarxeta.

Foi entón cando o bo do señor, supoño que angustiado polas dificultadas que lle viña supoñendo a que parecia unha empresa doada (alugar un video, nun expendedor automático), confesou que a tarxeta era prestada e que non lle comunicaran o pin.

Aturdido, recuperou a tarxeta e dispuxose a solicitar axuda ó propietario do distribuidor (o que non sei é se puido alugar ó final).

Esto, ainda que é un caso real, pode considerarse unha fábula moderna para todos os que algunha vez se "enfrontaron" (ou se enfrontarán) con esa personaxe chamada unhas veces "cliente", e outras veces "usuario", e que se caracteriza por busca-la obtención dun fin, pero sen preocuparse para nada polos métodos para conseguilo (porque para iso xa estan os entendidos na materia :P).

Se queredes ler máis sobre o tema recomendovos que consigades o "Pringao HowTo (o Windows es fácil HowTo)" de "Santiago Romero".

[Incluo o enlace directo para aqueles que esteñan no "lado simple" :P]

http://pinsa.escomposlinux.org/sromero/linux/pringao/

sexta-feira, agosto 13

Anécdotas laborais e pre-laborais

Blog creado con ánimo de recoller anecdotas, especialmente laborais, inda que está aberta a todo tipo de ideas. Unha páxina web ou un libro que recollese este tipo de anécdotas realmente divertidas xa fai tempo que andaba en proxecto, e agora gracias aos blogs resulta posible e máis factible. Espero que vos animedes... conto coa axuda de todos vos. xosealonso