quinta-feira, agosto 26

Cassettes no século XXI

Anécdota recopilada da bitácora http://www.the-mixer.net/ onde se nos conta como a tia-avoa Stina que vive en Suecia, na cidade de Ystad (famosa por ser o escenario das aventuras do Inspector Wallander) leva toda a vida lendo o xornal local, Ystads Hallehanda. Pero xa non ve ben. Asi que o xornal envialle á casa tódolos días unha cassette na que un locutor le os artigos principais. Iso é coidar a experiencia do usuario. ¿Por qué unha cassette en pleno século XXI? Porque alguén maior, que xa non ve ben, seguro que non se apaña cun CD, que sería máis barato e fácil de xestionar para a empresa pero máis incómodo para o cliente. Asi que ela tódalas mañas sentase a escoitar o seu periódico. Sen internet, sen CD, sen PDA e sen móbil. Pero con cassette. Xose.

1 Comments:

At 9:43 da tarde, Blogger foz said...

¿Por qué unha cassette en pleno século XXI? Porque alguén maior, que xa non ve ben, seguro que non se apaña cun CD, que sería máis barato e fácil de xestionar para a empresa pero máis incómodo para o cliente.Estou deacordo con que unha cassette resulta moito máis cómoda para a señora, pero non porque o cd constitúa un avance tan enorme con respecto ás cassettes.

Eu creo que o que resultaria incómodo para a señora seria o feito de ter que incluir na súa, xa asentada vida, un novo elemento (ben sexa deste século ou do pasado).

Seguramente a señora xa dispuxera dun magnetófono/reproductor de cassetes dende que era moito máis nova, e moi probablemente xa non teña ganas para aprender a usar un novo aparato (ainda que se tratase dun gramófono), porque como ocorre coa maioría das persoas de idade avanzada, xa non ten ganas nin intención de aprender nada que non sexa extrictamente necesario.

En canto a que un CD resulta máis doado de xestionar para o xornal,... bueno, permiteme discrepar.

Hoxe en día calquera que dispoña dun ordenador medio decente con grabadora de cd's pode "queimar" un cd de audio de xeito tan doado como se graba unha cassette.

Incluso me atrevería a decir que lles resulta moito máis doado a grabación da cassette. Só hai que fixarse nas imaxes onde entrevistan a deportistas, hai micros, hai teléfonos móbiles, hai grabadoras de cassette e algun que outro MD , pero de momento ningun cd-r portatil :P .


Asi que eu diria que o feito de que lle envien cassettes se debe, aparte de como unha mostra de aprecio cara os clientes, por comodidade para o propio xornal.


As preguntas que se me ocorren son:

¿Quen será o pardillo que lle toca grabar todo o xornal?

¿Canto cobrará?

¿Terá que grabar tamén os anuncios por palabras :) ?

 

Enviar um comentário

<< Home