sexta-feira, agosto 20

Españoles e as novas tecnoloxías.

Esta non é exactamente unha anécdota laboral ou pre-laboral, mais os que esteñades acostumados a tratar con clientes e/ou usuarios de novas tecnoloxías veredes claras similitudes na forma de actuar deste suxeito.

A historia é simple, como calquera tarde sen nada que facer e con mal tempo, decicín pasarme polo videoclube por se había algo interesante (e que non vise aínda).

Cando cheguei atopeime con outro cliente do videoclube con pequenas dificultades coa tarxeta e o terminal. Logo de explicarlle que a ranura na que pretendía introduci-la tarxeta non era a correcta (e de paso axudarlle a sacala, posto que se quedara dentro), observei que tampouco tiña moita idea de como se introducía na ranura correcta (e iso que xusto ó lado da ranura hai un debuxo bastante visible e que deixa claro cal é a forma correcta de introduci-la tarxeta, por non mencionar que a propia tarxeta tamén dispón das indicacións apropiadas).

Como bo cidadán volvín a axudalo, primeiro explicandolle que a tarxeta ía no outro sentido (pero debinme explicar mal posto que o que fixo foi introducila no mesmo sentido, mais polo reverso da mesma).

Ó final optei por insertar a tarxeta eu mesmo (co seu permiso, claro está) e seguin mirando títulos. Pero aí non se remataron as complicacións para este bo home, posto que unha vez recoñecida a tarxeta (e como é habitual en este tipo de expendedores automáticos) o sistema solicitaba un número de identificación. O home, estupefacto, dirixeuse a min de novo preguntandome cal era o seguinte paso. Ainda que extrañado pola pregunta, contesteille que debia introduci-lo número pin da tarxeta.

Foi entón cando o bo do señor, supoño que angustiado polas dificultadas que lle viña supoñendo a que parecia unha empresa doada (alugar un video, nun expendedor automático), confesou que a tarxeta era prestada e que non lle comunicaran o pin.

Aturdido, recuperou a tarxeta e dispuxose a solicitar axuda ó propietario do distribuidor (o que non sei é se puido alugar ó final).

Esto, ainda que é un caso real, pode considerarse unha fábula moderna para todos os que algunha vez se "enfrontaron" (ou se enfrontarán) con esa personaxe chamada unhas veces "cliente", e outras veces "usuario", e que se caracteriza por busca-la obtención dun fin, pero sen preocuparse para nada polos métodos para conseguilo (porque para iso xa estan os entendidos na materia :P).

Se queredes ler máis sobre o tema recomendovos que consigades o "Pringao HowTo (o Windows es fácil HowTo)" de "Santiago Romero".

[Incluo o enlace directo para aqueles que esteñan no "lado simple" :P]

http://pinsa.escomposlinux.org/sromero/linux/pringao/

2 Comments:

At 2:13 da manhã, Blogger xor said...

Típico caso de españolismo agudo dexenerativo. Desgraciadamente tipos deste teñoos eu a diario como clientes, e non é doado atendelos nin entendelos.

Xose

 
At 2:27 da manhã, Blogger foz said...

Creo que todos, máis ou menos somos conscientes da existencia deste tipo de persoas, e tamén máis ou menos temos asumido que tarde ou cedo teremos que enfrontarnos a eles.

Mais o q eu me pregunto é se vale a pena molestarse en tratar de explicar o proceso (do que sexa que pretenden realizar e non o consiguen sen axuda), ou ben seria + rentable facelo en plan taller mecánico (eles si que saben!! :P) mandar ó cliente/usuario á casa (ou no sei defecto a unha sala de espera especialmente acondicionada :) ) e avisalo cando o traballo esteña rematado.

 

Enviar um comentário

<< Home