terça-feira, dezembro 4

Nova páxina web www.calculadorasgraficas.com

Nova páxina web de venta de calculadoras, www.calculadorasgraficas.com onde poderás atopar calculadoras Texas, Casio e HP así como manuais, información e enlaces a páxinas onde descargar programas.

Etiquetas: , ,

sábado, março 12

3 anos de prisión en suspenso por roubar espido

Un home que fora detido pola policía espido e cuberto de queixo derretido, declarouse culpable de roubar uns nachos nun bar. Michael David Monn, de Maryville, EE.UU, foi arrestado estando espido e cuberto de queixo fundido. Según a explicación do fiscal xeral, Mike Gallegos, o home "estaba altamente intoxicado, entrou na área de buffet do clube John Sevier Pool e roubou uns bocadillos . Causou algúns danos e foi achado logo espido en posesión dalgúns canapés". Según o oficial Scott Spicer, quen atopou ó home no estacionamento do mencionado clube, Monn trepou a verxa e corría cara un todoterreo cunha caixa de nachos. Ademais de ter o queixo fundido co que se mollan os nachos no pelo, cara e ombros, atopábase espido e "semi-incoherente" segundo declarou o axente. Monn foi sentenciado a tres anos de prisión en suspenso e deberá manterse fóra de calqueira problema durando o debandito periodo para que a reclusión sexa efectiva. Ademais tivo que pagar á comisión de Recreación e Parques a suma de 400$ polos danos causados. by Xose Alonso

sexta-feira, março 11

O inodoro máis caro do mundo. (pa cagarse!)

O inodoro soñado ten unha pantalla de televisión de cristal líquido, un reproductor de DVD e está rodeado de altofalantes. Posue incorporado un iPod da firma Apple con miles de cancións almacenadas. Dende unha consola empotrada na parede contrólase o funcionamento de todo o equipo. O artefacto foi deseñado polos profesionais da revista de tecnoloxía T3 e custa 48.000$. O 28 de marzo o equipo será exibido na Exposición do Fogar Ideal de Londres. by Xose Alonso

Renovación de Bitácora (Falta lle facía)

En vista do abandoada que anda esta bitácora, intentarei darlle un novo pulo con outro tipo de anécdotas, dado que as laborais estando en paro non son moitas nin de grande calidade. Espero que vos gusten as novas noticias. Saúdos Xose

quinta-feira, agosto 26

Cassettes no século XXI

Anécdota recopilada da bitácora http://www.the-mixer.net/ onde se nos conta como a tia-avoa Stina que vive en Suecia, na cidade de Ystad (famosa por ser o escenario das aventuras do Inspector Wallander) leva toda a vida lendo o xornal local, Ystads Hallehanda. Pero xa non ve ben. Asi que o xornal envialle á casa tódolos días unha cassette na que un locutor le os artigos principais. Iso é coidar a experiencia do usuario. ¿Por qué unha cassette en pleno século XXI? Porque alguén maior, que xa non ve ben, seguro que non se apaña cun CD, que sería máis barato e fácil de xestionar para a empresa pero máis incómodo para o cliente. Asi que ela tódalas mañas sentase a escoitar o seu periódico. Sen internet, sen CD, sen PDA e sen móbil. Pero con cassette. Xose.

Bitácoras amigas

Aquí atoparedes algunha bitácora amiga que podedes visitar. Non teñen desperdicio e espero ir aumentado o número delas, a ver se se vai animando a peña. Saudos Xose. 1.- http://fozlibre.blogspot.com

sexta-feira, agosto 20

Españoles e as novas tecnoloxías.

Esta non é exactamente unha anécdota laboral ou pre-laboral, mais os que esteñades acostumados a tratar con clientes e/ou usuarios de novas tecnoloxías veredes claras similitudes na forma de actuar deste suxeito.

A historia é simple, como calquera tarde sen nada que facer e con mal tempo, decicín pasarme polo videoclube por se había algo interesante (e que non vise aínda).

Cando cheguei atopeime con outro cliente do videoclube con pequenas dificultades coa tarxeta e o terminal. Logo de explicarlle que a ranura na que pretendía introduci-la tarxeta non era a correcta (e de paso axudarlle a sacala, posto que se quedara dentro), observei que tampouco tiña moita idea de como se introducía na ranura correcta (e iso que xusto ó lado da ranura hai un debuxo bastante visible e que deixa claro cal é a forma correcta de introduci-la tarxeta, por non mencionar que a propia tarxeta tamén dispón das indicacións apropiadas).

Como bo cidadán volvín a axudalo, primeiro explicandolle que a tarxeta ía no outro sentido (pero debinme explicar mal posto que o que fixo foi introducila no mesmo sentido, mais polo reverso da mesma).

Ó final optei por insertar a tarxeta eu mesmo (co seu permiso, claro está) e seguin mirando títulos. Pero aí non se remataron as complicacións para este bo home, posto que unha vez recoñecida a tarxeta (e como é habitual en este tipo de expendedores automáticos) o sistema solicitaba un número de identificación. O home, estupefacto, dirixeuse a min de novo preguntandome cal era o seguinte paso. Ainda que extrañado pola pregunta, contesteille que debia introduci-lo número pin da tarxeta.

Foi entón cando o bo do señor, supoño que angustiado polas dificultadas que lle viña supoñendo a que parecia unha empresa doada (alugar un video, nun expendedor automático), confesou que a tarxeta era prestada e que non lle comunicaran o pin.

Aturdido, recuperou a tarxeta e dispuxose a solicitar axuda ó propietario do distribuidor (o que non sei é se puido alugar ó final).

Esto, ainda que é un caso real, pode considerarse unha fábula moderna para todos os que algunha vez se "enfrontaron" (ou se enfrontarán) con esa personaxe chamada unhas veces "cliente", e outras veces "usuario", e que se caracteriza por busca-la obtención dun fin, pero sen preocuparse para nada polos métodos para conseguilo (porque para iso xa estan os entendidos na materia :P).

Se queredes ler máis sobre o tema recomendovos que consigades o "Pringao HowTo (o Windows es fácil HowTo)" de "Santiago Romero".

[Incluo o enlace directo para aqueles que esteñan no "lado simple" :P]

http://pinsa.escomposlinux.org/sromero/linux/pringao/

sexta-feira, agosto 13

Anécdotas laborais e pre-laborais

Blog creado con ánimo de recoller anecdotas, especialmente laborais, inda que está aberta a todo tipo de ideas. Unha páxina web ou un libro que recollese este tipo de anécdotas realmente divertidas xa fai tempo que andaba en proxecto, e agora gracias aos blogs resulta posible e máis factible. Espero que vos animedes... conto coa axuda de todos vos. xosealonso